Menu

 

TEMPADA 2016-2017

SEMANA 17 DE COMPETICIÓN

No Partido da Xornada o noso Equipo Xuvenil necesita gañar na súa visita A Guarda para seguir loitando polo ascenso. O rival está en descenso pero no seu campo son un rival difícil de gañar e históricamente dánsenos mal. Forza INDE!!!.

Pola súa banda o Cadete ten outro partido ante un rival directo ao que de gañar superariamos na clasificación. Estamos ante a última oportunidade de engancharnos ao ascenso.

O Equipo Infantil vai a Nigrán a xogar contra o Val Miñor "C". De gañar seguiriamos terceiros esperando un erro dos rivais.

Destacar nas categorías inferiores que esta semana terminan os Alevíns a primeira fase da súa Liga e comeza a segunda fase do Prebenxamín.

HORARIOS

 

FOTOS HISTÓRICAS DO INDEPENDIENTE FC

Desde a dirección do club pedimos a colaboración de todos para recompilar fotos históricas do Independiente FC: equipos, xogadores, momentos de xogo...

Este material fotográfico incluirase nunha nova sección na páxina web que repasará a historia do club e nas redes sociais oficiais.

Podedes enviar estas fotos ao email oficial do club

independientefc.blog@gmail.com

 

INDEPENDIENTE FC

EQUIPO COLABORADOR DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE VIGO

 

INSTITUCIÓNS COLABORADORAS